Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 7 de junio de 2011

VIII Premio Literario "IES Gregorio Fernández"

O 3 de xuño tivo lugar no colexio de Triacastela a entrega da oitava edición do premio literario "IES Gregorio Fernández", premio de natureza itinerante no que a entrega dos galardóns se refire. Nesta edición volvemos a Triacastela por segunda vez. Os seis concellos da comarca de Sarria, a Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e a Obra Social Caixa Galicia colaboraron novamente nos premios cunha significativa dotación económica. Actuou como mantedor do acto o escritor e xornalista Lois Celeiro.
Hai que destacar que nesta edición tanto Raquel Arias Rodríguez, delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, como Antón Bao, vicepresidente da Deputación de Lugo, comprometeronse públicamente nas súas intervecións a seguir apoiando este premio xa fortemente consolidado. Ao acto asisitiron tamén representantes dos concellos da comarca de Sarria e da Inspección Educativa, entre eles a inspectora xefe da Consellería de Educación: Concepción Aramburu Sánchez e o inspector do noso centro: Federico Pérez Moran.
Dende a biblioteca queremos felicitar a todos os premiados e animalos a que sigan lendo e escribindo como ata agora.

No hay comentarios: