Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 9 de febrero de 2011

Grandes produccións do IES "Monte Carrasco"


Dende o IES Monte Carrasco de Cangas, chegáronnos unhas películas realizadas polo alumnado dese Instituto. Foi un agasallo de Carmen Amado e Carlos Camaño, antigos profesores do noso Instituto, compañeiros do departamento de inglés, traballadores infatigables nas actividades extraescolares e na biblioteca durante anos e, sobre todo, amigos. Agora Carmen é secretaria dese instituto do Morrazo e mandounos estes traballos realizados polo alumnado do Obradoiro de Iniciación ao Audiovisual (onde fixeron as dúas películas de ficción) e polo alumnado do Proxecto Interdisciplinar (que realizan un incrible documental).
“A última clase” e “O imperio contra Paca” teñen moito que ver cos libros e coas bibliotecas escolares. As dúas montaxes teñen tamén un apartado de tomas falsas que nos dan algo de idea do enorme traballo que supuxo realizar estas películas. Non conto máis. Tedes que velas.
“Ronseis do salitre” é un traballo documental impresionante onde se recollen as opinións de mulleres do Morrazo que traballaron nas importantes conserveiras que había na comarca e que deron traballo durante unha grande parte do século XX a estoutras traballadoras do mar, pero en terra.
Tedes, pois, estas películas á vosa disposición na biblioteca (hai dúas copias de cada unha) e penso que o pasaredes ben ollando o traballo destes compañeiros vosos de 1º e 4º de ESO.
Non as deixedes de ver. Pagan a pena!
Saúdos e saúde.
O blogueiro impertinente
(Podedes enviar ao blog os vosos comentarios sobre as películas e farémosllelos chegar aos autores das mesmas).

1 comentario:

Anónimo dijo...

Eu vin o documental e tamen "O imperio contra Paca", non vin "A última clase". Pero, as duas producións que vin son moi boas. Recoméndoas, merece a pena velas.Prometo ver "A última clase".