Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 18 de noviembre de 2010

20 de novembro: Día dos dereitos dos nenos





Achégase o 20 de novembro, conmemoración que sigue existindo porque, por desgraza, sempre que se celebra o día de … é porque esa cousa non está conquerida.
Os alumnos de 1º de ESO en Proxecto Interdisciplinar e ATE, poideron constatalo nos xornais que todos lemos. No século XXI, neste mundo en que vivimos, hai nenos cos que non se cumpren os seus dereitos.
Para comprobalo, ollade o panel e lede algunhas das noticias que localizaron, recortaron e pegaron. Graciñas por colaborar e por estar ahí, lendo sen parar e denunciando as inxustizas. E se aínda queredes saber máis sobre o tema, non deixedes de levar emprestados algúns dos materiais do expositor e de ler isto e máis istoutro.

No hay comentarios: