Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 11 de febrero de 2010

Homenaxe a Novoneyra

O 10 de febreiro, mércores, ás 11:35 h., contamos coa presenza de María Inés Cuadrado López e Manu Clavijo, A Xente das palabras,cos que disfrutamos co acto Chove para que eu soñe no salón de actos do IES Gregorio Fernández con motivo da homenaxe que se lle rende a Uxío Novoneyra, o poeta do Courel, a quen este ano se lle adica o día das Letras Galegas.

O acto comezou co recital de poemas de Novoneyra, Álvaro Cunqueiro e Celso Emilio Ferreiro, por parte de alumnado de 4º ESO e 2º BAC. De seguido, Mª Inés fixo alusión á importancia do significado simbólico do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Uxío Novoneyra. A seguir fixo un percorrido pola obra e vida de Uxío Novoneyra desde a súa infancia, pasando pola súa época de estudos de bacharelato en Lugo e a relación que tivo con Manuel María e, outros autros autores maiores que estaban en Lugo, como podía ser Ánxel Fole, aludindo á súa estadía en Madrid e, a relación cos compoñentes do Grupo Brais Pinto, para logo volver a Parada de Moreda onde coincidiu coa poetisa noiesa María Mariño Carou, o cal beneficiou á obra poética de émbolos dous. Rematau aludindo á súa etapa final de matrimonio con Elba Rey e o seu traslado a Compostela, cidade na que morreu en 1999. Todas estas referencias acopañadas co recitado de poemas da obra de Novoneyra, acompañada polo músico e cantautor Manu Clavijo, que ao final interpretou dúas cancións incluidas no seu primeiro e ata agora último disco.
Os dous artistas son de orixe arxentina, pero levan a nosa lingua e cultura na alma.

No acto participou o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e 1º e 2º de BAC e varios departamentos.

1 comentario:

Rebeca dijo...

Encantoume a actuación. Qué ben o fixeron estos dous grandes artistas.