Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 20 de octubre de 2009

Roteiro polas Aceas





O pasado luns 19 de outubro tres grupos da ESO (dous de 2º e un de 4º) fixeron o fermoso roteiro das Aceas, ben preto do noso instituto e un gran descoñecido para moitos. Para esta excursión contouse coa participación dos departamentos de E. Física, Bioloxía, Música e inglés, coordinados polo Equipo de Normalización Linguística. O obxectivo era que o alumnado valorara os aspectos ambientais e histórico-patrimoniais da contorna do noso centro educativo. Sen dúbida, obxetivo conseguido.
Hai que agradecer ademáis a colaboración e compañía do mestre que foi o noso compañeiro durante unha chea de anos, Camilo Sánchez, e Arlindo, quen elaborou un plano e unhas notas históricas de grande interese.

1 comentario:

Caminante dijo...

Disfrutamos moito do paseo. Temos pretiño do IES unha paisaxe e un patrimonio fermosísimos.