Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 28 de octubre de 2009

Contacontos en inglés e galego



Contan que o 24 de outubro foi o día da biblioteca e os departamentos de inglés e galego puxéronse a pensar en como celebralo. E que mellor modo de facelo que contando contos universais en galego e inglés. Seica andan por ahí dous contacontos chamados Tim Bowley e Charo Pita, inglés él e galega ela. Así que por aquí viñeron a deleitarnos coas súas fermosas historias e unha excelente interpretación. As risas e os aplausos puxéronos o noso emocionado público de rapaces ansiosos por escoitar máis contos.

2 comentarios:

Manoliño dijo...

Moi divertido o último conto acumulativo. E non fixo Umm! e non fixo... dixo...Manolo!!!Ai o que fan as mulleres...

Sabela dijo...

Menos mal que tiña intérprete, jeje!