Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 15 de septiembre de 2009

Benvid@s


Reinicimos curso. Un ano máis novas caras, novas ilusións, moitos nervios e novos libros.
Dende a biblioteca queremos tendervos unha man para que o camiño sexa máis sinxelo. Cómo? Cando queras saber máis ou ler sobre algo que te interesa pregúntalle á bibliotecaria, quedarás abraiado sobre o moito que temos. Dende natureza e medio ambiente a educación física pasando por matemáticas, física, problemas da adolescencia, historia, xeografía, filosofía, dereito, formación e orientación laboral, cociña, viaxes, novelas, música (folk, rock, clásica …….) e películas de calidade.
Achégate, olla e le. Agardámosvos a tod@s: alumnos, pais, nais, profes e persoal non docente. Entretanto, podes consultar o noso catálogo pinchando aquí.

3 comentarios:

bibliofiz dijo...

O blogueiro impertinente volveu matricularse (xa leva anos matriculado, menos mal que a matrícula é gratuíta -aínda é gratuíta polo de agora-), e ademais non rematou de ler os libros que levou para o verán... é que se mollaban coa auga, pero agora volta disposto a ler o que lle poñan por diante (aínda que sexa a prensa), polo menos non haberá crise de letras (quero dicir de letras do abecedario, que das outras!!!...).
E xa vale de historias, veña, acudide axiña á biblioteca ou levo eu todo, que este ano veño cunhas gañas de ler que lle meten medo ata ao King ese.
Saúdos
O blogueiro impertinente

bibliofiz dijo...

Ola a todos!!!!
Chámome Faragullas e son un can de palleiro. É a primeira vez que vexo un blog (é que na miña casa no rural non funciona moi ben -nin moi mal- a internet) pois hoxe trouxéronme á feira e fun ata o ciber (que pasada!!!). Encantoume o voso blog, cando o vin fixen guau!!! coa emoción (eu, que case nunca ladro). Para a próxima feira vou pasar por aí, pois quero levar algún libro ou algunha película. Sempre lle leo algo ao espantallo que está na leira por baixo da casa, é un pasmón pero sei que lle gusta que lle lea, o malo é que non pode ver o voso blog na internet, terei que baixalo un día comigo á feira, seguro que lle cambia a cara ao pobre que leva anos co mesmo sorriso. Ata outra.
Faragullas

bibliofiz dijo...

Non sería ben adicarlle
este curso á poesía
esa arte da palabra,
do son do ritmo da rima
da asonante ou consonante
do romance o soneto ou lira
para que aprendan tamén
os que andan por aí enriba
que a bibloteca é algo máis
que un pilón de estanterías:
-"Ah!, pero que é esa cousa!"
"Son libros, su señoría"
Asdo: O vate de Betote