lunes, 1 de junio de 2009
O escritor Paco Martín, o 4 de xuño entre nós
O escritor lucense Paco Martín, premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1986, entre outros moitos galardóns, visitará o noso instituto este xoves e falará sobre a creación literaria aos nosos alumnos. Deseguido, participará no acto de entrega do VI Premio de Narración IES "Gregorio Fernández" que este ano se celebrará no colexio de Samos. Entretanto, ide abrindo boca cos moitos dos seus libros que atoparedes no expositor da biblioteca.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Un amigo foi a presentación do seu libro "A bisneta Lercha" e regaloume un exemplar cunha fermosa dedicatoria deste escritor. A verdade é que foi un bonito regalo e disfrutei moito lendo este libro. Saudiños para todos.
Hai xa 35 anos andaba Paco Martín á percura de material para unha das súas primeiras obras "O libro das adiviñas", e el era mestre nunha escola non moi lonxe da escola á que fora eu de pequeno. Foi así como lle mandei unhas cantas adiviñas que acabaron vendo a luz no seu libro...
Tempos aqueles
Pepiño Bitá Cora
Gustoume moito que pasara Paco Martín polo Gregorio. Isto fíxome lembrar dous dos seus libros uqe máis me gustan e que se publicaron a principios dos oitenta (xa choveu!): "E agora cun ceo de lama" e "Das cousas de Ramón Lamote". Grazas por vir.
O blogueiro impertinente
paco martin estivo na nosa clase e contounos cousas sobre ramon piñeiro.gustounos moito esta esperiencia nova.
Muy bonita charla y muy interesante!!
Nos conto unas anecdotas muy bonitas!
BesooS
Publicar un comentario