Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 22 de mayo de 2009

Pistas para o concurso "Quen é quen"


Na foto tedes quince autores galegos aos que foron homenaxeados en distintas edicións das letras galegas. Os catro primeiros en entregar a folla cos quince nomes correctos na biblioteca recibirá un agasallo e a data de hoxe aínda ninguén o conseguiu. Neste concurso tamén poden participar os profes, os pais dos nosos alumnos e máis o persoal non docente do instituto.
Alá van as primeiras pistas: o máis sinxelo é collelos libros de galego, onde hai moitas fotos. A segunda pista é que o número 12 non é un trol, coma alguén dixo, senón un famoso rei do mesmo nome, pero non apelido, dun hotel que hai en Sarria. Pois ala, ala, a pensar e a observar.

1 comentario:

bibliofiz dijo...

Xa apareceu a primeira que chegou con tódolos autores correctos. Non vos digo o nome para que non volo sopre. Aínda temos tres agasallos agardando por vos.