Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 27 de abril de 2009

Día do científico galego

Sabiades que o 23 de abril tamén se celebra o Día do científico galego? Este ano a Real Academia Galega de Ciencias homenaxea ao científico Isidro Parga Pondal. O departamento de Ciencias Naturais, coa profesora Mari Luz Guerreiro á cabeza, elaborou uns estupendos carteis cos que quere que saibamos máis deste home, un dos impulsores da fábrica de Cementos ubicada en Oural, á que tanto lle debe a comarca de Sarria.
Esta mostra está complementada por unha exposición de minerais, rochas e outros elementos xeolóxicos. Currada e interesante. Por certo, lendo os carteis tamén se pode saber máis dos restos de mamut atopado nunha canteira do Incio!

1 comentario:

Cuarzo blanco dijo...

Da gusto ver o que traballa a xente! Graciñas polo proxecto.