Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 23 de marzo de 2009

21 de marzo: Día da árbore

Bótalle unha ollada a estas imaxes e verás a que se montou coa chegada da primavera. Cada vez son máis os implicados que nesta ocasión curraron moito arredor das árbores. Non faltan nin as flores nin os arrecendos da primavera. Grazas novamente á profesora Mª Luz Guerreiro, quen fixo chegar a primavera ata o noso centro e a todos os que aparecen nomeados nas primeiras fotos. Aproveita para aprender inglés coa canción do lemon-tree ou limoeiro.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Parabén polo traballo! Un aire fresco e primaveral cobre as nosas paredes. Canto temos que agradecer á natureza!

Anónimo dijo...

Queremos ter árbores ó noso redor porque nos fan a vida máis agradable. A maioría de nós respondemos á presenza de árbores non só admirando a súa beleza. Nunha arboleda sentímonos serenos, sosegados, descansados e tranquilos; sentímonos como en casa. Respetemos e coidemos o noso medio.

Anónimo dijo...

No a la tala!

bibliofiz dijo...

Despois do comentario da aristocracia xa queda pouco por dicir e menos por parte dun pobriño e inocente aldeán coma min. Pero aínda así quero lembrar que non podemos deixar morrer as nosas carballeiras, as nosas chousas,... as nosas árbores que son, sen dúbida, a nosa vida. Cada vez que matamos unha morre unha parte de nós.
O blogueiro impertinente

Anónimo dijo...

Por aquí non hai lemoeiros. Por qué non pinchades "No bosque dos teixos"?

pere_gf dijo...

si si, moita celebración do día da árbore, pero os murais fixeronse todos co papel nomal en lugar de ser reciclado!!! eso non pode ser!! é un erro moi grave!!!! así non podemos protexer as árbores!

sandra`s dijo...

Hola!!
Canciòn moi bonita
Intentaremos aprendela
BicoS!!!

Anónimo dijo...

unha exposición verdadeiramente bonita!!!
felicidades a todos os que participaron!!

M LUZ dijo...

Como RESPONSABLE da exposición "día da árbore" quero comentar o seguinte:
Estou plenamente dacordo co blogueiro que considera que co emprego de papel non reciclado non se protexe as árbores. De feito, cando se plantexou a idea da exposición, este foi un aspecto a ter en conta. Non se empregou papel reciclado porque, na miña opinión, consumiriamos máis tinta na impresión, e este tamén é un aspecto ben importante. Por outra parte, a obtención de papel reciclado non está exenta de danos ecolóxicos: consumo de enerxía no seu transporte e elaboración, emisión de substancias contaminantes, tanto á atmosfera como ao medio acuático, etc. Ademais, non hai que esquencer que o bosque é un recurso natural renovable, sendo que se xestione adecuadamente.
En fin, non cabe dúbida de que o mellor panel didáctico sobre as árbores é a propia Natureza, polo que a segunda fase deste traballo será a recollida de material vexetal a medida que este vaia brotando ao longo das próximas semanas (non se fixo así no seu momento por razóns obvias). Este material será herborizado co fin de empregalo para a exposición do vindeiro ano, na que se empregará a menor cantidade posible de papel.
É certo que non sempre o fin (aínda que este sexa didáctico, ou precisamente por eso) xustifica os medios empregados.
M LUZ, prof. de Bioloxía