Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 19 de febrero de 2009

In English, please


A estos do “Gregorio” xa só lles falta falar en inglés, porque nas demáis línguas fano moi ben. Aínda así intentarono buscando slogans en inglés na IV Edición do concurso: The Guinness of English Slogans in Advertisements. As gañadoras foron todoas de 3º da ESO: Lucía Mato López e Alba Vázquez López que atoparon 102 slogans en anuncios publicados en revistas nacionais. En segunda posición quedaron Lorena Gómez López e Sandra Fernández Gandoy, que recopilaron 71 anuncios.
Con motivo do día da paz, organizamos unha exposición de mapas conceptuais en inglés a partir da palabra PEACE. Sairon uns murais ben fermosos, imaxinativos e con estupendas ilustracións.
E para rematar, as tarxetas enviadas con motivo do día de San Valentín aos amigos invisibles que lles tocaron en sorte. Estade atentos porque pronto publicaremos a relación dos gañadores nos apartados de: tarxetas máis románticas, as máis divertidas e as mellor ilustradas. Good luck and keep on practising your English!

1 comentario:

bibliofiz dijo...

Coas actividades tan interesantes que facedes nese departamento vou acabar aprendendo inglés.
Congratulations!!!
Pepiño Bitá Cora