Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 18 de noviembre de 2008

Actuación de Xabier Blanco




O músico Xabier Blanco demostrou como facer música non depende das multinacionais nin de grandes proxectos. Con obxetos de uso cotiá amosou o que se pode facer con moitas ganas.

1 comentario:

Anónimo dijo...

O día 18 de novembro, martes, cumprindo algúns dos puntos sinalados na programación de principios deste curso 2008-2009, entre outros, estaba a posibilidade de traer algún autor que, amosase actividades relacionadas coa música. Neste día contamos coa presenza de Xavier Blanco que, nos fixo toda unha demostración de como se pode facer música con instrumentos “pobres”. Pobres no sentido de que empregaba para acompañarse nas interpretacións musicais; legóns, gallitas, gadañas, tesouras…, é decir, ferramentas, aparellos que se empregaban nas faenas do traballo do agro galego os nosos devanceiros. Mais non só iso, polo medio da actuación empregaba, amosaba todo un saber musical. Interpretando unha gaita feita cun fol e dúas canas, que se remonta a Idade Media, unha zanfona, rematando coa gaita galega, pasando polo emprego do birimbau.
A actividade, pensamos que foi do gusto do alumnado e cremos que, foi unha boa formar de amosarlles as nosas tradicións aos rapaces, dun xeito lúdico e divertido.
O acto foi organizado para os cursos que teñen a materia de música neste curso; 2º e 3º curso de ESO, 4º de PDC e 1º de BAC.
Manolo Muñiz