Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 13 de octubre de 2008

D. Xesús Alonso Montero , o 24 de outubro entre nós




O xoves 24 de outubro o académico D. Xesús Alonso Montero estará co alumnado de 4º da ESO, 1º e 2º de BAC do IES"Gregorio Fernández" para dar un relatorio que leva por título "No centenario da morte de Curros Enríquez".


2 comentarios:

bibliofiz dijo...

Alonso Montero, sempre maxistral

O pasado 16 de outubro tivemos o honor de escoitar no noso instituto ao profesor, catedrático, escritor e académico D. Xesús Alonso Montero. Veu falar do poeta Curros Enríquez, máis o seu discurso cautivounos e coma todos os xenios foi quen de enlazar ao poeta de Celanova coa realidade na que vivimos. No seu excelente relatorio lembrounos a importancia dos poetas, que “deixannos a catedral das súas palabras”, os nenos mortos de fame dende que el comezou a falar, a tiranía dos coarenta anos do franquismo e os escritores que coma Cunqueiro alabaron ao rexime, o gol de Iniesta marcado pola selección española o día anterior, a emigración de galegos a América, a beleza de escoitar o canto dos merlos, a Constitución Española que respeta e acata pero non comparte…. Rematou cun “sarrianos, ¡viva la República!”. En fin, tanto e tan ben fiado en tan pouco tempo.
Revolucionario, cultísimo, próximo, honesto e afable, comprometeuse a volver o próximo curso para falar de Ramón Piñeiro. Achegouse ata a biblioteca á que donou cinco libros asinados e alegrouse moito de que levara o nome de “Fiz Vergara Vilariño”, a quen él ben coñeceu e axudou a publicar os seus poemas.
Raquel Arias

bibliofiz dijo...

Se queredes ler o relato de Alonso Montero sobre a súa conferencia arredor de Curros no centenario da súa morte pinchade en:
http://amigosdopatrimoniodecastroverde.blogspot.com/

Manolo Muñiz