Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 7 de junio de 2024

Acto en lembranza de Eduardo Rey no primeiro cabodano do seu pasamento

 O 6 de xuño de 2023 recibíamos unha desas noticias que nunca quixeramos ter escoitado. Foi un golpe moi duro para todos, non só polo impacto do momento, senón porque tivemos que aprender a vivir sen Eduardo, a facer as cousas sen él, e a tentar que todo funcionara a pesar da súa ausencia. Porque a paixón, a dedicación e o tempo que Eduardo poñía no que facía era case infinito. Lembro que Eduardo sempre me dicía, ás veces un pouco enfadado, “as cousas fanse ben, ou non se fan”, e iso foi a máxima da súa vida.

      Durante os 40 anos que Eduardo traballou no “Gregorio” él sempre dicía que “o que hai é que facer cousas cos pequenos” e así nolo demostrou coa asociación cultural Monte Oribio, co grupo de teatro, coa revista “Tubo de escape”, cos recitais de poesía, cos moitos festivais que organizou, coa biblioteca, cos cen programas de Radio Bolboreta, co coro da Ribela, e con tantas outras cousas  que seguro esquezo. Traballador infatigable e xeneroso como poucos, comezamos por lembralo cun podcast que grabaron este curso con motivo do Día da poesía os alumnos de 1º de ESO. 

    Tras isto, houbo música, plantación dunha árbore e lembranzas de todos os membros da comunidade educativa que quixeron regar a acacia de Constantinopla e lembrar a Eduardo.

    Foi un acto moi sentido e emotivo, e perfectamente narrado polo noso exalumno Eros López, quen así o publicou no xornal El Progreso


Podedes ver mais fotos e vídeos na nosa conta de Instagram, conscientes de que Eduardo foi un home que deixou pegada en moitos de nós.


No hay comentarios: