É realmente un orgullo ver con que alegría e ilusión se reciben os libros, como un agasallo, como un compañeiro que nos vai acompañar nos tempos de lecer. Nesta ocasión, unha selección dos mellores lectores e usuarios da nosa biblioteca acaban de convertirse en parte do xurado que emitirá o fallo da XXVIII edición do premio de novela San Clemente. É todo un orgullo formar parte deste importante galardón no que tamén participará alumnado dun total de dez centros educativos (seis galegos, un madrileño, un francés, un inglés e un alemán).
A mediados de outubro, os compoñentes do xurado reuniranse no IES "Rosalía de Castro" en Santiago de Compostela para fallar o premio nas distintas categorías e coñecer a eses lectores doutras comunidades cos que intercambiarán impresións e deliberacións. Entretanto, toca ler e reflexionar. Graciñas rapazada por aceptar o convite da lectura.
Se queredes saber mais sobre este importante galardón, podedes ler o publicado en La Voz de Galicia (Barbanza), La Opinión, La Vanguardia ou Nós Diario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario