

O concurso dos slogans chegou xa á súa quinta edición e sigue gozando dunha excelente saude.
Nesta ocasión, as gañadoras son:
Lucía Mato e Lorena Gómez (4º B), que atoparon e pegaron 167 slogans, e en segundo posto están : Tatiana Ceballos e Eva Fernández (4º A) que reunieron 139 slogans.
Dos slogans recollidos pensade neste, co que estamos totalmente dacordo: The greatest luxury in life is time. Savour every second.
Ademáis, aquelas parellas que pegaron máis de 15 slogans teñen dereito á excursión de xuño organizada pola biblioteca. A listaxe dos esforzados afortunados está no taboleiro da entrada da biblioteca. Noraboa a todos e seguide participando, que aínda podedes gañar a viaxe que seica este ano é ao estranxeiro!










Nipper converteuse nunha icona da publicidade dunha famosa marca comercial da industria musical, His Master's Voice (La Voz de su Amo).


