Grazas á nosa participación no programa Prensa-Escuela de La Voz de Galicia, soubemos do fermoso proxecto do colexio rural finlandés de Tynkä no que cun interesante vídeo sobre a súa escola invitaban á comunidade escolar mundial a enviarlles unha postal sobre o seu centro falando de aquilo que ten de especial.
Pareceunos unha boa iniciativa, así que dende a Biblioteca, o departamento de inglés e o Equipo de Dinamización Lingüística puxémonos mans á obra para enviar a postal diseñada con motivo do Día das Letras Galegas que repartimos no Camiño de Santiago entre os peregrinos que atravesan a vila de Sarria para enviar un bo feixe de postais ao colexio de Tÿnka e que soe a nosa lingua.
Participaron nesta actividade a meirande parte do alumnado que estuda inglés no noso centro. Aproveitamos a ocasión para espallar a nosa lingua coas pegatinas da campaña "Aquí tamén se fala galego".
Ogallá esta actividade serva para espallar a nosa lingua, a nosa cultura e achegarnos a outras realidades educativas. Agardamos resposta dos finlandeses de Tynka. Por que non?
No hay comentarios:
Publicar un comentario