Estamos moi orgullosos de que un total de seis alumnos do noso centro aceptaran o convite para formar parte do xurado deste importante garlardón que nos brindou o IES "Rosalía de Castro" de Santiago de Compostela, a través da súa profesora e organizadora Marta Gende.
O premio San Clemente de Novela está xa plenamente recoñecido e este curso alcanza a súa vixésimo oitava edición. O xurado deste premio está basicamente composto por alumnado de bacharelato de dez centros escolares de Galicia, Madrid, Francia, Alemania e Reino Unido. Nesta edición os centros escolares participantes son o IES do Sar (Santiago), IES de Brión (A Coruña), IES Aquis Celenis (Caldas de Reis, Pontevedra), IES Gregorio Fernández (Sarria, Lugo) ,IES Universidade Laboral (Ourense),IES Ramiro de Maeztu (Madrid),Lycée Saint François Xavier de Vannes (Francia),Grimmelshausen Gymnasium de Gelnhausen (Alemania),Hockerill Anglo European College (Reino Unido) e IES Rosalía de Castro .
O IES Rosalía de Castro ven de presentar as nove novelas finalistas, tres por categoría, das que sairán os tres gañadores tras a lectura e o traballo de crítica dos estudantes, que teñen así unha gran oportunidade de ver como funciona un xurado e un premio literario desde dentro, coñecer a lectores doutras comunidades e que se vexan recoñecidas as súas críticas e opinións.
As obras finalistas na categoría de novela en galego son 'Hotel Carioca', de Antón Riveiro Coello; 'Diario de dúas casas', de María Villamarín e 'O ano das mazas', de Montse Ferreira Fervenza.
O San Clemente en castelán se decidirá entre 'La naturaleza secreta de las cosas de este mundo', novela do arxentino Patricio Pron; 'Literatura infantil', do chileno Alejandro Zambra; e 'No te veré morir', volume do andaluz Antonio Muñoz Molina.
Para o galardón en idioma extranxeiro, as obras finalistas son 'Una salida honrosa', do francés Éric Vuillard; 'Miradnos Bailar', da autora francomarroquí Leïla Slimani, e 'El retrato de casada', da británica Maggie O'Farrell.
Agora toca rematar o curso, coller forzas e descansar lendo estas maravillas á sombra mentres o xurado delibera. A mediados de outubro o xurado se reunirá es Santiago para fallar o premio nas distintas categorías, así que a alí estaremos, nesta nova aventura impulsada pola coordinadora da nosa biblioteca "Fiz Vergara Vilariño".
No hay comentarios:
Publicar un comentario