Dentro do programa de actividades para celebrar o Día das Letras Galegas, o alumnado de primeiro de FPB e dos ciclos de Administración saíron ao Camiño, practicaron inglés e agasallaron aos peregrinos cunha postal do IES "Gregorio Fernández" elaborada para o ocasión cun poema de Luisa Villalta e unha flor moi nosa: a xesta.
Esta acción denominouse “Espallando versos,
verbas e xestas no Camiño” e foi realmente reconfortante e gratificante para
todos: para o alumnado que tivo a ocasión de comunicarse de xeito real principalmente
en inglés e peregrinos moi agradecidos polos agasallos recibidos. Ademais, o
alumnado tiña que explicar o por qué da postal, qué significa para nós os
galegos o 17 de maio, nomear á escritora homenaxeada, preguntar o nome do
peregrino para escribilo na postal e deste xeito personalizala e, finalmente, facerse
unha foto co peregrino para subila á aula virtual. Contamos coa colaboración das profesoras do departamento de inglés, sempre dispostas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario