Varios integrantes do grupo de voluntarios da biblioteca achegáronse aos colexios de infantil de Sarria, Xela Arias e Frei Luis, para contarlles un conto aos mais noviños sobre a vida e obra de Luisa Villalta. Con estas fermosas actividades aproveitamos para espallar versos, verbas e xestas entre a nosa comunidade. Seica o pasaron moi ben e gozaron moito contando, así que botádelle un ollo aos vídeos que temos no Instagram. Esta actividade foi organizada polas nosas compañeiras Patricia Coucheiro e Ana Isabel L. Valín. Parabéns!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario