Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 17 de mayo de 2024

Letras galegas 2024 - Luísa Villalta

 



O 17 de maio é o gran día das nosas letras, e dende a biblioteca e o EDL organizamos varias actividades para implicar a toda a comunidade espallando verbas, versos e xestas. A primeira foi o Correlingua en Lugo o pasado 8 de maio ao que acudiu o alumnado de 1º de ESO. 

A semana das Letras comezou montando unha chamativa exposición na entrada do instituto con varias das obras de Luísa Villalta, o seu violino feito en galleta, un bo feixe de xestas para engalanar e dous cestos cheos de roscas decoradas con motivos das letras galegas feitos pola artesana sarriá Lourdes Pombo.


E por que as roscas? As deliciosas bolsas das roscas das letras foron en realidade o premio para os acertantes do rosco de Luísa Villalta que todo o alumnado e profesorado puido completar. Para completar o rosco, os participantes tiñan que ler os carteis que estaban nas paredes que conducen á biblioteca e correr ata as definicións das palabras. A verdade é que non estaba nada doado e as roscas houbo que gañalas lendo e contestando correctamente.




Tras moitas voltas e lecturas, todos os grupos de ESO e 1º de Bach conseguiron os seus premios en forma de roscas, pero ningún alumno deu coas 23 palabras do rosco de Luísa Villalta.



No hay comentarios: