jueves, 3 de febrero de 2011
Exposición de fotos
O pasado 28 de xaneiro tivo lugar o "Concurso de fotos" con motivo da celebración do San Xoan Bosco, no que as parellas participantes tiveron que retratar o mellor posible as pistas (a meirande parte poemas e ditos nada sinxelos) que os responsables da biblioteca lles entregaron. Os expertos fotógrafos conseguiron, unha vez máis, abraiarnos cunhas imaxes expresivas e de gran beleza feitas en menos de dúas horas sen salir do instituto.
Durante todo o mes de febreiro estarán expostas todas as fotos nas mesas da biblioteca, así que non deixedes de visitarnos.
Os premiados foron os seguintes alumnos, que obtiveron galardón nas categorías: Ás fotos máis orixinais: Lucía López e Cristina López; Andrea García e José Luis Pereiro. Ao mellor conxunto de fotos: Beatriz Chaos e Iria Trebolle. Á mellor foto:
Jenifer López e Noemí López. Accesit para: Lucía Mato e María Copa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario