lunes, 7 de febrero de 2011
A escritora Ánxela Gracián, entre nós
O Departamento de Lingua e Lit. Galegas, o Equipo de D. e N. Lingüística e a
biblioteca organizaron pasado 2 de febreiro un encontro coa escritora Ánxela Gracián. Disertou e deleitou ao alumnado de 2º de ESO coa súa charla-conferencia acerca do seu libro "Eu tamén fun peliqueiro de Laza".
Comenzou falándolles da importancia e influencia que exerceran seus avós e seus pais á hora de escribir, sendo varios dos libros unha homenaxe aos mesmos, en especial a Guillerme e Anuncia, os seus avós. Temos que saber escoitar e aprender dos maiores. Seguindo pola apredizaxe de escribir, oficio que require esforzo, como o require calquera outro traballo, e logo facendo referencia ao propio título, aos “carnavais” de Laza, téndoos tan preto e que pouco os valoramos, se isto ocorrese noutros lugares, estarían moito máis potenciadon e valorados.
Comentou que o libro foi froito dunha determinada época, que hoxe non o escribiría así, que ten fallos, mais tamén acertos.
Esta actividade foi ben acollida por parte do alumnado en xeral, ou non?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario