miércoles, 2 de febrero de 2011
Contos de medo no museo
O alumnado de 2º de ESO deste Instituto realizou unha actividade do Equipo de Dinamización Lingüística, na que colaboraron o Departamento de Galego e a Biblioteca “Fiz Vergara Vilariño” que consistiu nunha viaxe a Lugo para participar nas “rutas literarias polo museo”, actividade baseada nos relatos do libro Contos de medo no Museo, que previamente os alumnos tiveran que ler na aula e que despois, xa no museo, completaron cunha folla de ruta que lles proporcionaron. Segundo a opinión dos participantes, a actividade resultou do seu interese e están agardando que para o curso seguinte poidan volver participar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario