O 30 de xaneiro celébrase cada ano o "Día da Paz", data que sigue sendo importante lembrar. Nesta ocasión podedes ver a exposición que durante o mes de febreiro estará exposta nos corredores do noso instituto. Desta vez, o alumnado de 1º ESO B recolleu na prensa unha chea de noticias relacionadas coa falta de paz no mundo. O resto da exposición está composta polos dez carteis elaborados por varios grupos de alumnos de tódolos niveis que participaron no concurso organizado polo departamento de inglés e a biblioteca e que levaba como título: "English posters about peace".
Merece a pena botarlle unha ollada a uns traballos tan imaxinativos, creativos, coloristas e ben cargadiños de optimismo. O xurado vai ter difícil otorgar os premios.
Non deixedes de ver a excelente recopilación de recursos para a paz elaborada pola biblioteca do CEIP ´"Víctor Saenz" de Mazaricos, aos que lles agradecemos este excelente traballo.
lunes, 31 de enero de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario