viernes, 28 de enero de 2011
Viaxes para coñecer Galicia mellor
O departamento de Lingua e Literatura galega organizou recentemente dúas viaxes coa finalidade de coñecer mellor dúas cidades galegas e o seu patrimonio cultural. Desta vez, tocoulle o turno á cidade de Ourense e máis á capital de Galicia. En Ourense o alumnado de 1º de Bach fixo o roteiro literario pola cidade de "A esmorga", a novela de Blanco Amor que os alumnos leron previamente e que de seguro lles axudou a visualizar mellor o percorrido dos seus protagonistas. A continuación, visitaron a catedral ourensá.
O martes 25 de xaneiro os alumnos de 4º de ESO foron a Santiago de Compostela, onde visitaron o Parlamento Galego, o museo do Pobo Galego, a igrexa de Santo Domingo de Bonaval e o Panteón de Galegos Ilustres. Tras xantar na Escola Superior de Hostelaría e informarse sobre os estudos que alí se realizan acudiron ao Pazo de Xelmirez e á catedral compostelana, onde non só admiraron o Pórtico da Gloria, senón que tamén gozaron das vistas da cidade dende as cubertas da catedral.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Profe, cambia o de que a novela "a esmorga" é de Otero Pedrayo, eso esta mal, é de Eduardo Blanco Amor!
firmado: nós, os inadaptados!
Lamento este imperdonable error. Grazas por correxirme, o que demostra que ledes e estades ahí. "Errare humanum est"
Publicar un comentario