Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 11 de febrero de 2011

Atención aos fotógrafos: Preparade as cámaras

Acaba de chegarnos a convocatoria do IV Certame escolar de fotografía dixital organizado polo CIM do Concello de Sarria con motivo do Día Internacional da Muller. Dende a biblioteca, queremos animar a todos os alumnos da ESO a participar, xa que nos consta que hai moitos con moi bo ollo que seguro que farán fotos tan boas como as feitas no concurso de fotos do Bosco. O prazo de entrega remata o 1 de marzo de 2011. Non o dubides, pica aquí para saber máis ou le as bases expostas no taboleiro da biblioteca.

No hay comentarios: