jueves, 10 de febrero de 2011
A normalización do noso idioma: Charla con Bernardo Penabade
O departamento de Lingua Galega organizou o 4 de febreiro un encontro para falar sobre a normalización -sen nomear a palabra- co profesor Bernardo Penabade do IES "Perdouro" de Burela .
Comezou aludindo aos lugares de procedencia del e dalgúns alumnos, ás ribeiras dos ríos Lor e Sor, que ámbolos dous fan referencia a correntes de auga.
Logo aludiu ao traballo que lle propuxera aos seus alumnos e, a modo de anécdota, contou como a través dunha empregada dunha zapatería localizaron un recordatorio de comuñón redactado en galego, en plena ditadura franquista, por un axente da Garda Civil. Amosou ao alumnado e ao profesorado a querencia polo idioma a través dos epitafios que se poden poñer aos nosos seres máis queridos e buscou un caso en que se podía visualizar o noso idioma no seguinte epitafio tan fermoso:
Agora vives na melodía das estrelas
e nos camiños do vento.
Esta foi a homenaxe que lle fixo a familia a un taxista de profesión e acordeonista vocacional que faleceu en acidente. A súa familia escribiu o arriba sinalado.
Penabade continuou interpelando directamente ao alumnado animando a dicir cantas lápidas había en galego nun dos cemiterios de Burela que tiña 1443 panteóns e que fora inaugurado en 1912. Houbo opinións para todo tipo de gustos. A realidade é que ata 1997 non había ningunha lápida en galego e que, a partir de 1997, xa hai unhas cantas, sobre todo a partir da lápida daquel taxista.
Finalmente, aludiu aos convites de vodas e mostrou como estaba o panorama indicando que os resultados se transformaron positivamente.
Con estas referencias, o profesor, sen aludir directamente, estaba a falarnos da diglosia existente no noso idioma e á ausencia de normalización do mesmo.
Dicir que a charla, pensamos que, deleitou e interesou ao alumnado en xeral, principalemente aos que tiña unnha visión previa do tema.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario