Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 14 de febrero de 2011

14 de febreiro: Love is in the air



Dende a biblioteca queremos lembrar uns versos do poeta portugués Fernando Pessoa:
Todas as cartas de amor son ridículas.
Non serían cartas de amor se non fosen ridículas.
Nos meus tempos tamén escribín cartas de amor,
como as demais, ridículas.
Cando hai amor, as cartas de amor
teñen que ser ridículas.
E é que, en fin,
só as criaturas que non escribiron xamais
cartas de amor
son as que son ridículas.
A verdade é que hoxe
os meus recordos daquelas cartas de amor
son os que son ridículos
(todas as palabras esdrúxulas,
como os sentimentos esdrúxulos,
son naturalmente
RIDÍCULAS).

Sabendo que a lingua do amor é universal e "love is in the air", non deixedes de ollar as postais para o Concurso de postais organizado polo departamento de inglés, os libros e as películas que tratan do amor de moi distintos xeitos. Ao tempo que vos namorades entrade na páxina das bibliotecas escolares galegas e namorádevos con lecturas. Nunca fallan!

No hay comentarios: