Con motivo do 35 cabodano de Elías Valiña, o cura nado en Sarria e que logo foi o cura do Cebreiro que tanto fixo pola promoción e difusión do Camiño de Santiago, a Asociación de Xornalistas e Estudosos do Camiño de Santiago
(APECSA) organizou unha serie de actos na súa memoria.
A nosa biblioteca acollerá a presentación da edición en inglés do libro
Elías Valiña, Valedor do Camiño (2007) do autor Lois Celeiro, que será presentado na biblioteca do noso instituto o próximo 13 de decembro. Contaremos ademais coa súa tradutora ao inglés: Laurie Dennett, polo que será toda unha honra para nós asistir a este evento.
Podedes botar unha ollada ao completo programa de actividades picando en: https://sarriaturismo.com/wp-content/uploads/2024/11/Cartel-Programa-Cabodano-1_compressed.pdf
Aproveitamos a ocasión para mostrar algúns exemplares relacionados co Camiño que temos na nosa biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario