Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

sábado, 14 de diciembre de 2024

"Pilgrim Spirit. Elías Valiña and the Revival of the Camino 1959-1989"

 


A nosa biblioteca acolleu a presentación da edición do libro sobre Elías Valiña do escritor Luis Celeiro, quen estivo acompañado pola traductora canadiense residente no Cebreiro Laurie Dennet co gallo do 35 cabodano de Elías Valiña Sampedro.
O alumnado de 1º dos ciclos formativos de administración e xestión e de mecatrónica industrial puideron coñecer de primeira man a importancia da figura de Elías Valiña na consolidación do Camiño de Santiago. Ademais, puideron escoitar á escritora Laurie Dennet dar o seu discurso en inglés, o cal resultou moi enriquecedor.
Esta actividade foi promovida pola Asociación de Peridistas e Escritores do Camiño de Santiago (Apecsa) e desde o comezo contou coa nosa colaboración. Benvidas sexan as iniciativas que promoven a cultura e a lectura!


Agradecemos ademais os seis exemplares da obra doados e que pasan a formar parte da colección da biblioteca de libros relacionados co camiño de Santiago.

No hay comentarios: