Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 1 de enero de 2020

Fiz, un poeta para as Letras Galegas



O pasado 26 de decembro tivo lugar na Casa da Cultura de Sarria o recital poético aberto adicado a Fiz Vergara Vilariño. Contou coa participación de alumnas de 2º de ESO, profesorado, ex-profesorado e outra xente interesada na poesía deste autor. Estivo organizado por esta nosa biblioteca e tivo a colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Sarria.

Foi unha homenaxe fermosa, sinxela, sentida e moi emotiva que comezou coa audición de poemas de Fiz musicados polo grupo "A Quenlla" para logo ler algúns dos poemas que Fiz nos deixou en herdanza.

Este recital forma parte dunha serie de actividades que se levarán a cabo este curso. Todas elas pretenden resaltar a obra e figura do gran poeta louzariño que da nome a esta nosa biblioteca coa finalidade de que se lle conceda un Día das Letras Galegas o antes posible.

Podedes ver unha completísimosa reportaxe fotográfica de todos os recitantes no Facebook de Gregorio Bolboreta, así como visionar o vídeo con todos os participantes.

Ademais, Radio Bolboreta acaba de publicar o primeiro programa desta serie adicada ao poeta louzariño co recital. Así que se perdeches o recital, bótalle un ollo ás fotos, ao vídeo e escoita o programa. Recoñecerás voces de coñecidos grandes e pequenos, pero sobre todo, descubrirás uns versos que deixan poso.

Este noso sentir viuse casualmente moi ben reflexado e reforzado no artigo de Javier Nogueira que o pasado 29 de decembro publicou o xornal El Progreso. Merece unha repousada lectura e leva por título: "Un mundo que desaparece":

No hay comentarios: