Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 27 de mayo de 2019

Visita á Expotaku 2019



O pasado 24 de maio e como premio para os integrantes do Club de lectura xuvenil e para os participantes no IV Concurso de Fotografía Matemática a biblioteca organizou a visita á Expotaku da Coruña. Non quixemos que o alumnado perdese actividades lectivas, polo que a viaxe desenrolouse na tarde do venres dende as 14:20 horas ata as 21:15.
O alumnado estivo acompañado polas profesoras Raquel Arias e Mar Peña. Durante esta excursión-premio, todos os participantes achegámonos á parte mais xuvenil das culturas niponas e coreanas, aos seus bailes, ao inmenso mundo dos videoxogos, ao moito manga e o anime publicado e ás Cosplays que por alí desfilaban ante o noso asombro.
Foi unha tarde moi amena, durante a que os quince alumnos participantes por fin saborearon unha visita tan desexada que quedaron con ganas de volver o próximo curso. Grazas por estar ahí e portarvos tan ben. Foi un placer acompañarvos nesta aventura e descubrir un mundo un tanto friki que tamén ten aspectos moi interesantes.


No hay comentarios: