Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 15 de mayo de 2019

Letras Galegas 2019: Antón Fraguas




As actividades relacionadas co autor homenaxeado, o seu compromiso coa lingua e a cultura galegas, destinadas a pór en valor o patrimonio material e inmaterial do noso país foron varias. Entre elas destacamos a pegada dos carteis enviados pola Consellería nos corredores do centro, a exposición e reparto dos marca páxinas cos que agasallamos aos nosos usuarios e que din : "Veño ocupar un lugar que quedou baleiro o día sete de xaneiro de mil novecentos cincuenta cando alá lonxe, en Bos Aires, morreu Alfonso Rodríguez Castelao, o amigo Daniel" e a exposición organizada pola biblioteca na que puxemos o nome, a foto e unha obra dalgúns dos autores homenaxeados ao longo do tempo para que os usuarios vexan, lembren e asocien algúns das figuras da nosa literatura coas súas obras.
Ademais, expuxemos e repartimos os marca páxinas que lembraban o Día das Galegas nas Letras 2019, impulsado dende a plataforma de Crítica Literaria Asega, e que este ano lembran á poeta Xela Arias.
Pero as actividades non rematan aquí, botádelle unha ollada ás moitas actividades doutras bibliotecas galegas no blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares. Boa ponte e por mil primaveras de letras galegas!

No hay comentarios: