Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 4 de junio de 2018

Último poema do dobremente premiado Carlos Negro



Son moitos os seguidores e amantes da poesía que este curso o poeta lalinense Carlos Negro fixo no noso centro. Pois ben, este escritor está de noraboa. Ven de recibir o Premio do Clubs de Lectura 2018 na XI Xornada dos Clubs de Lectura celebrada en Compostela o pasado 1 de xuño, e con tal motivo nos agasallou a todos os presentes con este poema inédito en forma de marcapáxinas. Trátase dun acróstico, así que saboreádelo palabra a palabra, a modiño, como gozamos daquela onza de chocolate con que Carlos nos agasallou o pasado abril cando estivo entre nós.

Hai que sinalar ademais que acaban de anunciarse as obras gañadoras dos Premios Xerais 2018. Na categoría de Literatura Xuvenil o premio foi para Aplicación instantánea, de Carlos Negro, que verá publicada a súa obra este outono, así que xa estamos desexando tela entre as máns.
Desde este noso recunchiño lector, enviamos os nosos parabéns a Carlos, unha persoa humilde, próxima, que coa súa voz sabe chegar ao mais fondo, porque a poesía, como dixo no seu discurso despois de recibir o galardón, é un animal escondido.

No hay comentarios: