Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 8 de junio de 2018

Cita a cegas con Isolino


Isolino é un deses personaxes entrañables polos que vaga a pena abrir o xornal cada día. O seu creador, Xaquín Marín, fixo del un velliño observador, ás veces ácido, pero sempre intelixente e que sabe arrancarnos un sorriso. Neste libro están recollidas algunhas das súas viñetas e por elas non pasan os anos, porque o saber non ten data de caducidade. O libro está na sección de cómics da nosa biblioteca. 

A alumna Carla Rodríguez Fernández de 2º de ESO arriscouse a ter unha cita cegas con este libro e del dixo: "Pareceume un libro moi divertido porque fala da forma de vista das persoas maiores e o que lles parece todo ao seu arredor. Ademáis encántanme o formato no que está escrito o libro".


No hay comentarios: