O pasado día 12 de abril o
alumnado de 3º e 4º da ESO, do noso instituto, participou nun roteiro literario
no I.E.S. de Guitiriz para coñecer a vida e a obra do poeta Díaz Castro.
Debido ás condicións
meteorolóxicas, o roteiro, que inicialmente ía ser pola vila de Guitiriz,
realizárono polo propio centro educativo que conta cunha alternativa preparada
para estes casos. Depois de sermos acollidos pola dirección e responsables do
roteiro, o noso alumnado recibiu unhas instrucións de mans d@s guías de 3º da
ESO, encargad@s da presentación do roteiro, que os dividiron en tres grupos. O
roteiro estaba dividido en catro partes:
·
Lectura compartida de “Penélope” entre tod@s @s
participantes.
·
“Poxa de lectura de poemas” de escritores
contemporáneos de Díaz Castro, no que o reto era recitar rápido.
·
“A apócema poética”. Consitía na creación de haikus recollendo a inspiración con
xogos que había que resolver en equipo.
·
O “léxico de Díaz Castro”. Esta actividade
realizárona na biblioteca e consitiu nun bingo co léxico de poemas de Díaz
Castro, no que tiñan que identificar palabra e significado. Ao rematar o bingo
agasallábaselles co doce típico da vila como é a torta de Guitiriz.
Resultou unha actividade moi enriquecedora na que os guías e anfitrións foron os propios alumnos do instituto de Guitiriz, aos que lles agradecemos esta invitación e esta actividade na que tanto aprendemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario