Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 27 de abril de 2018

Encontro co poeta Carlos Negro





O 26 de abril tivemos o honor de acoller na nosa biblioteca ao poeta lalinense Carlos Negro, a quen os alumnos do noso Club de Lectura e algúns mais estaban desexando coñecer despois de gozar das súas obras "Penúltimas Tendencias" e "Makinaria".
Foi un encontro distendido no que nos achegamos á poesía do cotidiano, do día a día, da morte, do amor, e das frivolidades que esta sociedade nos vende. Escoitamos, admiramos, cantamos, rapeamos e saboreamos poesía de distintos autores. Todo un pracer compartido que esperamos seguir gozando nos libros que Carlos Negro nos descubriu. Engaiolados quedamos!
Carlos Negro asinou un dos exemplares da nosa biblioteca do seu poemario "Penúltimas Tendencias" e deixounos unha fermosísima adicatoria:


Carlos Negro gañou o XVI Premio "Fiz Vergara Vilariño" do Concello de Sarria polo seu poemario "Tundra", lido tamén no Club de Lectura de adultos da nosa biblioteca, e acaba de ser galardoado co Premio dos Clubs de Lectura 2018, premio anual que recoñece ao autor galego máis lido polos lectores dos Clubs de Lectura dos centro de secundaria durante o curso 2016/2017 en Galicia.
Grazas por este tempo compartido e non deixedes de ler poesía. Agárdavos na biblioteca!








No hay comentarios: