Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

lunes, 27 de octubre de 2014

Roteiro literario por Ourense


O 23 de outubro o alumnado de 4º do Programa de Diversificación Curricular e de 1º de Bach realizou o roteiro literario da Esmorga e visita á catedral ourensa. Esta actividade estivo organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística coa colaboración dos departamentos de lingua galega e castelá.
Deste xeito deuse cumprimento a unha das actividades que propuxo o ENDL e A Esmorga foi o libro de lectrura obrigada, no primeiro trimestre, deste curso para alumnado de 1º de BAC., e para o alumnado de 4º PDC
A actividade consistiu nun percorrido por a Ourense para realizar o Roteiro literario da Esmorga, realizando, practicamente, todo o percorrido. Comezou a visita nos lavadoiros públicos, seguindo pola fonte das Burgas e placa nº 2, e pasando pola praza da Ferrería e do Trigo, camiño do xardín do Posío, para entrar logo pola parte do Aire ou Aira e continuar o roteiro dos esmorgantes camiño da fonte de San Cosme, Pena Vixía, Praza do Correxidor, visitando a casa onde naceu Blanco Amor e a casa onde se redactou o Tío Marcos da Portela que dirixiu Lamas Carvajal, primeiro xornal en lingua galega e os homes da Xeración Nós, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Xoaquín Lorenzo. O roteiro continuou coa visita á Fonte do Rei, pasando a continuación por diante da estatua do Padre Feijoo que este 2014 cúmprese o 250 aniversario da súa morte.
Logo realizouse unha breve visita á Catedral onde novamente alumnado e profesorado recibiron moitas explicacións sobre a arte e a historia deste monumento e volta á casa, nunha xornada marcada polo bo tempo e o interés pola visita.

No hay comentarios: