Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 24 de octubre de 2014

Mochilas, revistas e día da biblioteca



Hoxe é o día, día da biblioteca escolar, e por iso celebrámolo traballando, que para iso estamos. Como vedes, acaban de marchar as mochilas de viaxe cara a dous pobos da comarca da man de María Alvaredo Rodríguez e Alejandro Vázquez Rodríguez de 1º da ESO.

Un fermoso rótulo lémbranos o día que celebramos e como non paramos de renovar, tedes xa na biblioteca as novas revistas que adquirimos este curso, así que podedes levar de balde os números atrasados que hai no expositor á entrada. Agradecémosvos pasedes pola biblioteca antes de levalas para tomar nota.

No hay comentarios: