Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 29 de octubre de 2013

Roteiro literario por Ourense


O pasado 25 de outubro tivo lugar a viaxe a Ourense para facer o roteiro literario da Esmorga e visitar a catedral ourensá. Esta actividades foi organizada polo Departamento de Língua e Literatura Galegas coa colaboración do Departamento de Filosofía.
A Esmorga foi o libro de lectura obrigada no primeiro trimestre deste curso para alumnado de 1º de BAC. Os participantes realizaron o Roteiro literario de A Esmorga coa axuda de José Ramón da Oficina de Turismo da cidade ourensá, realizando, practicamente, todo o percorrido. Comezaron pola visita á placa nº 2, para logo visitar aos lavadoiros públicos, voltaron ás Burgas e desde aquí, pasando pola praza da Ferrería e do Trigo, dirixíronse camiño do xardín do Posío, para entrar pola parte do Aire ou Aira e continuar o roteiro dos esmorgantes camiño da fonte de San Cosme, Pena Vixía, Praza do Correxidor, visitando as casas onde naceu Blanco Amor e a casa onde se redactou O Tío Marcos da Portela que dirixiu Lamas Carvajal, primeiro xornal en lingua galega. Continuaron co roteiro, visitando a Fonte do Rei, pasando a continuación por diante da igrexa de Santa Eufemia, parando na placa que alude á Praza Maior. Desde aquí cruzaron camiño da Alameda onde puideron ver a homenaxe a Blanco Amor e remataron no fondo da Alameda onde se encontra a derradeira placa e se alude a que o pazo do Castelo aínda continuaba a arder.
Logo realizaron unha breve visita á Catedral, comenzando a visita á capela do Santo Cristo de Ourense con exuberante decoración barroca, con referencias á súa construcción e lendas sobre o Santo Cristo que lle medra o pelo e, a relación cos Cristos de Fisterra e Burgos.
Foi unha agradable e práctica xornada tan só empañada pola choiva que non deixou de caer.

No hay comentarios: