Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 21 de febrero de 2013

A nosa biblioteca emprestará libros electrónicos

Outra boa nova para os amantes dos libros e das bibliotecas, a biblioteca "Fiz Vergara Vilariño" ven de ser seleccionada para participar no proxecto-piloto E-LBE da Consellería de Educación, que permitirá a incorporación de lectores electrónicos ás bibliotecas escolares.
Congratulámonos de estar entre os 25 centros educativos seleccionados de toda Galicia, especialmente tendo en conta que este ilusionante proxecto foi solicitado por un total de 327 centros. Agardamos manexar este novo soporte en breve, establecer as normas para o seu uso, e poder emprestar libros dixitais cos que aínda poidamos ler máis e gozar aínda máis do pracer da lectura. Neste sentido, o noso centro figura entre os mellor dotados dentro do proxecto E-LBE.
Os e-books foron repartidos o 20 de febreiro no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura nun acto sobre o que podedes saber máis picando aquí ou no blog das bibliotecas escolares galegas.

1 comentario:

Lucía López, 1º Bach. dijo...

Paréceme unha moi boa iniciativa... Eu quero probalos... :)
Saúdos