Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 22 de febrero de 2013

Celebramos o Día de Rosalía

Conmemoramos o cento cincuenta aniversario da publicación de "Cantares Gallegos" cun emotivo e participativo acto no que tivemos a oportunidade de emocionarnos coa lírica de Rosalía de Castro. Á vista está o que gozamos deste acto no que ademais de con case todos os da casa estiveron tamén os escritores Antonio Reigosa e Isidro Novo en representación da AELG. O acto contou coa asistencia dunhas cento setenta persoas entre alumnos e profesores implicados. Destes uns cincuenta implicáronse directamente no recitado dos poemas.
Graciñas por todo e ata a próxima, porque aquí non deixaremos de emocionarnos coa boa e auténtica literatura da que nos tempos que corren necesitamos tanto.
Aproveitamos a ocasión para facer entrega dos premios da oitava edición do concurso dos slogans en inglés e do concurso de microrelatos organizado con motivo do 14 de febreiro.

No hay comentarios: