Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

martes, 19 de junio de 2012

Ler non é clandestino


Como despedida propoñémosvos que olledes o vídeo de animación á lectura realizado desde a biblioteca do IES Chano Piñeiro de Forcarei co que compartimos o lema, a esperanza, o optimismo e o que a continuación se di:
Fomentamos a lectura porque cremos nela como un Valor. Ese Valor ausente na nosa sociedade de consumo sen reparos en ser deshonestos cunha soa relixión: o diñeiro.
Cremos na lectura como solución.
Cremos na lectura como viaxe, como multiplicación, como evasión, como interese, como sabedoría.
Cremos na lectura como universo. Como o don da racionalidade, da fantasía, da grandeza, do horizonte sen fin.
Cremos na lectura como CULTURA.
E sobre todo cremos na lectura no noso idioma, na nosa lingua.

Adaptación do tema de Manu Chao "Clandestino" (Virgin France).
Letra: Gracia Santorum e Anxo Fernández
Voz: Anxo Fernández
Edición e montaxe: Anxo Fernández

2 comentarios:

Ronsel dijo...

Moitas grazas por nos recoller. Saúdos lectores.

Ronsel dijo...

Moitísimas grazas por recollelo no voso blogue. Que a lectura se espalle máis cá crise! Saúdos.