Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 12 de septiembre de 2012

Se eles veñen, por qué ti non?


Con este optimista vídeo comezamos un novo curso plantexando unha pregunta: Se eles veñen, por que ti non? Son moitos os rapaces que ata agora usaron as bibliotecas como recurso imprescindible para a súa formación. Entón, por que ás veces cos anos vaise abandoando este bo costume?
Invitamos a todos, grandes e pequenos a achegarvos e a usar este espazo interactivo que é o noso blog. Nel iremos colgando fotos das actividades culturais, vídeos e publicando cousiñas de interese cultural e educativo. Invitámosvos a usar o catálogo on-line, participar cos vosos comentarios que serán publicados tras a súa aprobación e a facer suxestións e peticións escribindo ao correo electrónico que aparece á esquerda, que de seguro enriquecerán este espazo.
Non o esquezades, cando queirades saber máis ou ler sobre calquera cousa preguntadelle á bibliotecaria, quedaredes abraiados do moito que temos. Dende libros de todo tipo ata revistas, música e películas de calidade.
Nada mais por hoxe, benvidos e agardámosvos a tod@s: alumnos, pais, nais, profes e persoal non docente.

1 comentario:

Begoña dijo...

Xenial Raquel coma sempre sembrando ideas, co teu permiso colgareina tamén no Blogfesquío.

Grazas