Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

jueves, 2 de febrero de 2012

Proxecto interdisciplinar

Dende hoxe imos colgar neste blog da biblioteca as actividades que estamos a realizar no Proxecto interdisciplinar nos dous grupos de 1º de ESO. Por iso, se crea unha nova etiqueta con ese nome: Proxecto interdisciplinar 1º ESO, que podedes atopar no menú situado á esquerda deste blog dentro de A NOSA OFERTA. Aí quedarán plasmadas todas as actividades que se realizarán ao longo do curso nestes proxectos e facendo un clic nesa etiqueta poderedes acceder exclusivamente ás entradas relacionadas co Proxecto.
Xa levamos feitas moitas cousas (nunha grande parte relacionadas, dun xeito o doutro, co audiovisual), pero moitas delas aínda non remataron. De tódolos xeitos, a partir de agora esperamos ir enchendo este espazo que nos ceden en Bibliofiz, xa que a maioría das actividades tamén están feitas en colaboración coa nosa biblioteca.
Agardo tamén que este espazo sexa interactivo e participedes activamente cos vosos comentarios sobre as actividades feitas ou por facer e que aportedes ideas, que estou seguro que tedes moitas. E tamén podedes participar todos os que non estades en 1º de ESO, está aberto a toda a nosa comunidade educativa e tamén aos que nos seguen dende fóra do centro.
A primeira entrada que incluímos é o vídeo que se realizou na celebración do Día das Librarías, co recitado de poemas e a visita á imprenta, todo iso feito aló por finais de novembro.
E ímonos, que mañá mesmo volvemos rodar. Motor... Acción!!!
Contamos convosco.
Un saúdo.
Eduardo

No hay comentarios: