Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

miércoles, 8 de febrero de 2012

O alumnado de 4º de ESO visitou Compostela























Un ano máis, o departamento de língua e literatura galega en colaboración co departamento de bioloxía organizaron unha viaxe cultural a Compostela cos alumnos de 4º de ESO que tivo lugar o pasado 2 de febreiro. Visitaron o Parlamento Galego con expliacións do seu funcionamento, visitando as diversas salas e función das mesmas, o Pazo de Xelmirez e cubertas da Catedral, o Pórtico da Gloria e despois recibiron explicacións sobre a construcción da Catedral e todos os monumentos que a rodean.
Xantaron na Escola Superior de Hostelaría e, seguidamente o alumnado tivo ocasión de recibir unhas explicacións do seu funcionamento das diferentes aulas da Escola e o tipo de ensinanza que se imparte.
Ás 17:00 h. visitaron o museo do Pobo Galego, con explicacións da igrexa de Santo Domingos de Bonaval, o Panteón de Galegos Ilustres, o claustro e as escaleiras de Domingo de Andrade, con explicacións sobre a evolución dos instrumentos e dos diferentes oficios, para rematarmos, coa visita á sala adicada ao mundo do mar.
Estiveron acompañados polos profesores Iván Ramil e Manuel Muñiz nunha excursión que resultou moi positiva.

No hay comentarios: