Os alumnos que cursan relixión de 1º ESO A acudiron á Escola de Educación Infantil de Sarria para apadriñar lectores de cinco aniños cos que este curso comparten a Gustavo Castro, profesor de relixión tamén no IES “Gregorio Fernández”. Esta actividade é unha máis das adicadas ao fomento da lectura que organiza a nosa biblioteca.
O acto foi especialmente emotivo, pois moitos dos padriños lectores voltaron seis anos despois ao seu cole de infantil, onde aínda continúan algunhas das mestras que lles deron clase e que seguen a traballar con tanto ganas e empeño coma sempre.
En primeiro lugar, os padriños lectores leron dous contos: “Patito busca a su mamá” e “O galo Kiriko”. Despois de presentarse e lembrar ao seu entregado público as súas vivencias da etapa de infantil entregaron aos seus afillados uns marcapáxinas feitos por eles nos que lles animaban a ler e lles recomendaban os seus contos favoritos. Pero a cousa non quedou ahí, e como estamos no tempo de Antroido os rapaces animáronse a bailar o “Ai se eu te pego”, co que grandes e pequenos se sumaron a un animado baile. A continuación, os afillados lectores entregaron os seus agasallos aos padriños, dous bolis cos que de seguro poderán escribirse e comunicarse, pois a actividade foi realmente positiva e uns e outros preguntaban cando volvían. Despois de marchar da man padriños e afillados xogaron no patio do recreo, de onde ninguén quería marchar.
Dende a nosa biblioteca queremos dalas grazas a todos os que fixestes posible este fermoso irmandamento entre lectores, antigos alumnos, actuais e antigos mestres, veciños e sempre amigos.
1 comentario:
Por si alguén quedou sen ler El Progreso:
http://elprogreso.galiciae.com/nova/151182.html
Publicar un comentario