Este blog non publicará comentarios contra a dignidade das persoas ou do seu traballo.

Biblioteca "Fiz Vergara Vilariño"

viernes, 10 de febrero de 2012

Three in one










Ese foi o título da obra de teatro en inglés representada pola compañía de teatro Clever-Pants no noso instituto e que un ano máis contou cun gran éxito a pesar do retraso no comezo.
Como xa todos sabedes o que quere dicir o título ese foi non só a obra, senón que tamén contamos con tres actividades nunha: entrega dos premios da oitava edición do Concurso do Slogans que nesta ocasión gañaron en primeiro lugar Lucía Mato e Cristina López (2º Bach) con 226 slogans, en segundo posto Lucía López e Verónica Arias (4º B) con 117 slogans e o terceiro premio foi para Ana Rodríguez e Noelia García (CMXA) que pegaron 113 slogans.
Entregou os premios a profesora americana Amanda Harvey, quen nos deleitou cunha dulce canción a capela coa súa belísima voz.

No hay comentarios: